Formación Profesional Dual. Ampliación do prazo de solicitudes. Curso 2018/2019
Lun, 09/07/2018 - 15:38

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 14 de xuño de 2018, que tras a finalización do período establecido de solicitudes, aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude en calquera dos centros que aparecen no anexo II da Orde do 14 de xuño de 2018, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión.

Máis información