Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2018/2019
Ven, 06/07/2018 - 09:03
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 6 de xullo ata as 13:00 horas do martes 10 de xullo de 2018.
A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.