Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Ribeira

O recoñecemento promóveo a Irmandade Xurídica Galega en colaboración con Política Lingüística

Ven, 29/06/2018 - 15:42
Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Ribeira

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou  no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Ribeira polas maxistradas Ana López-Suevos Fraguela e Mª  Isabel Suárez García.

Este recoñecemento promóveo a Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística  no marco da campaña Lingua de Lei. 35º aniversario da Lei de Normalización Lingüística.

Menús News node R