A FP Dual continúa avanzando en Galicia con 46 novos ciclos

A Consellería de Educación publica hoxe a oferta de formación profesional, con 29.260 prazas en primeiro curso nas diferentes modalidades de ciclos formativos

A FP Dual avanza coa incorporación de sectores estratéxicos para Galicia, como o de madeira e moble e de marítimo pesqueira

Este ano, entre primeiro e segundo curso, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia

Ven, 22/06/2018 - 22:21

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2018/19, a través da que se ofrecen 29.260 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1175 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.848  forman parte do réxime ordinario –8504 en grao medio, 8944 en grao superior, 3740 en FP Básica e 660 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 4452 son do réxime modular para persoas adultas –2191 en grao medio e 2261 en grao superior-, 2250 do réxime modular a distancia –900 en grao medio e 1350 en grao superior-,  e 710 en FP Dual –233 en grao medio e 477 en grao superior-.

Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo curso, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

Esta oferta avanza na implantación da FP Dual, unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos. Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións en Negreira, Santiago de Compostela e Vigo, ou a implantación do novo ciclo de grao medio de Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo en Ferrol. Neste sentido cómpre sinalar que o motivo mesmo de modificar a oferta de ciclos para cada curso vén derivado da necesidade de dar resposta ao tecido socio-produtivo de cada comarca e á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.

Aposta pola FP Dual

A oferta incorpora as súas principais novidades na FP Dual. Deste xeito no curso 2018/19 arrincarán 46 ciclos de FP Dual. Así, na provincia da Coruña entrarán en funcionamento 9 ciclos de FP Dual en grao medio e 13 de grao superior; na de Lugo 3 de grao medio e 7 de grao superior; na de Ourense 2 de grao medio e 1 de grao superior; e na de Pontevedra 3 de grao medio e 8 de grao superior.

Cómpre salientar a importante aposta pola FP dual das empresas punteiras de Galicia en sectores estratéxicos para a nosa comunidade, como é o caso de Madeira e moble, de Marítimo- pesqueira, de automoción, informática, eólica ou fabricación mecánica. Esta implicación ten resposta na implantación nesta modalidade de ciclos de grao medio e superior das familias correspondentes, 4 na familia de Madeira e moble, 2 na de Marítimo pesqueira, 6 en Transporte e mantemento de vehículos, 3 en Informática e comunicacións, 1 en Enerxía e Auga e 7 en fabricación mecánica, entre outras.

Os ciclos concretos amósanse nas seguintes táboas, por provincias (sombreados en amarelo os totalmente novos, mentres que os que están sen sombrear son novas edicións de ciclos que xa se estaban impartindo):

A Coruña

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GM Instalacións de produción de calor

Gas Natural SDG, S.A.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GM Soldadura e caldeiraría

Windar offshore, S.L.

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

GM Servizos en restauración

Paradores de Turismo de España, S.A.

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

GM Cociña e gastronomía

Paradores de Turismo de España, S.A.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GM Carpintaría e moble

Carpintería Ramón García, S.L.

CIFP Someso (A Coruña)

GM Soldadura e caldeiraría

Malasa Grupo, S.L.

CIFP Someso (A Coruña)

GM Carpintaría e moble

Malasa Grupo, S.L.

IES Universidade Laboral (Culleredo)

GM Navegación e pesca de litoral

Pesquera Benquerencia, Pesquera Rodríguez Aprapar, Álvarez e Hijos, Pesquera Socio, Pesquera Parrocha, Pesquera Koiro, Fumeiro de Celeiro, Antonio Santos Alonso, Pesquera Lucense, López Candia, Regal Pesca atlántico, Pesquerías del Buen Viaje, Pesquera Boer, Pesquera Joralca, Alegrín, Silure pesca, Hermano García Yáñez, Pesqueras Novo, Pesquera Brisca, Regal Pesca Litoral, Puerto de Celeiro

IES Universidade Laboral (Culleredo)

GM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións

Pesquera Benquerencia, Pesquera Rodríguez Parapar, Álvarez e hijos, Pesquera Socio, Pesquera Parrocha, Pesquera Koiro, Fumeiro de Celeiro, Antonio Santos Alonso, Pesquera Lucense, López Candia, Regal Pesca Atlántico, Pesquerías del Buen Viaje, Pesquera Boer, Pesquera Joralca, Alegrín, Silure Pesca, Hermanos García Yáñez, Pesqueras Novo, Pesqueras Brisca, Regal Pesca Litoral

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company, SLU

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Deseño e amoblamento

Grupo Cándido Hermida, S.L.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Deseño en fabricación mecánica

Navantia, S.A.

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

GS Programación da produción en fabricación mecánica

Navantia, S.A.

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

GS Dobre titulación en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración

Eurostar Hotel Company, SLU

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Automoción

Autos Patiño Noia,  Automóviles Sánchez, Galicia Distribución de Automóviles, Álvaro Hermida, Pérez Rumbao Car, Varela Motor, Volkswagen Group España Distribución, José María Arrojo Adegunde, Vehículos Pérez Rumbao, Automóviles Pérez Rumbao, Yáñez

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Sistemas electrónicos e automatizados

Eurostar Hotel Company, SLU

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Mantemento electrónico

Televes, S.A.

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

GS Construcións metálicas

Aluminios Cortizo, S.A.U.

CIFP Someso (A Coruña)

GS Automoción

Coper, Algupibe, zina Móvil, Automóviles y Recambios de la Grela, Finisterre Motor, Hyupersa Vigo, Báltico automoción Pérez Rumbao, Bétula Cars e Inturasa-Pérez Rumbao

IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

GS Desenvolvemento de aplicacións web

Indra Sistemas, S.A.

IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

GS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Indra Sistemas, S.A.

IES Urbano Lugrís (A Coruña)

GS Sistemas electrotécnicos e automatizados

Gas Natural SDG, S.A.

Lugo

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

GM Electromecánica de maquinaria

Agro Forestal Rouco, Talleres El Fondrigo, Cooperativas Lácteas Unidas Clun, Talleres Ramón Castro, Logmax Ibérica, Centro Técnico Maquinaria Forestal

IES plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)

GM Aproveitamento e conservación do medio natural

Carronza, Maderas Argimiro, Maderas Masma, Maderas Naciente, Maderas Patricio, Maderas Villapol, Maderera de Cospeito, Obras y Viales Teixeira, Hijos de Ramón Rubal, Tojeiro y Vidal, Maderas Díaz Ramos, Forestal Díaz Casariego, Maderas Míguez de Burela, Construción Obras y Viales Teixeira

IES Sanxillao (Lugo)

GM Servizos en restauración

Inversiones Hoteleras de Galicia, S.L.

CIFP As Mercedes (Lugo)

GS Enerxías renovables

Energías Renovables Operación Mantenimiento, S.L.

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

GS Deseño e amoblamento

Maderas Besteiro, S.L.

IES de Foz (Foz)

GS Dobre titulación en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración

Eurostars Hotel company, SLU

IES Muralla Romana (Lugo)

GS Estética integral e benestar

Inversiones Hoteleras de Galicia, S.L.

IES Val do Asma (Chantada)

GS Administración e finanzas

Citadel, S.L.U

IES Val do Asma (Chantada)

GS Axencias de viaxes e xestión de eventos

Hotusa Hotel e Restel

IES Val do Asma (Chantada)

GS Desenvolvemento de aplicacións web

Roomleader e IGM Web

Ourense

Centro

Ciclo

Empresa

IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)

GM Electromecánica de maquinaria

Tecnor Lalín maquinaria, Palas Ourense, Aira Sociedad Cooperativa Gallega, maquinaria para excavaciones de Galicia, Maxideza, Hermanos Toimil García

IES Universidade Laboral (Ourense)

GM Carrozaría

UNVI, S.A.

IES de Vilamarín (Vilamarín)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company, SLU

 

Pontevedra

 

Centro

Ciclo

Empresa

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

GM Soldadura e caldeiraría

Nodosa, Pipeworks, Urkira OX

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

GM Mantemento electromecánico

Benteler Automotive Vigo, S.L.

IES de Valga (Valga)

GM Soldadura e caldeiraría

Alfogar, Eslabesa Building Systemas, Curvados Anros, Gama e Hijos, Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, Maimbar, Fundivisa, Talleres Old de Carpintería Metálica, Tune Eureka

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

GS Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns

Lonza Biologics e CZ Veterinaria

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

GS Automoción

Coper, Algupibe, Zina Móvil, Automóviles y Recambios de la Grela, Finisterre Motor, Hyupersa Vigo, Báltico automoción Pérez Rumbao, Bétula Cars e Inturasa-Pérez Rumbao

IES A Guía (Vigo)

GS Xestión de vendas e espazos comerciais

Media markt Saturn Administration, S.A.U.

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

GS Mecatrónica industrial

Benteler Automotive Vigo, S.L.

IES Ribeira do Louro (O Porriño)

GS Mantemento electrónico

Servizos Eléctricos Abelmar, Digafer, CTAG

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

GS Mecatrónica industrial

Conserveras del Noroeste, Conservas Daporta, Conservas Selectas de Galicia, ANFACO-CECOPESCA, Mascato Salvaterra, CEFRICO, Depuradora Mariscos La Sirena, Escurís, Ignacio González Montes

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

GS Xestión de aloxamentos turísticos

Eurostars Hotel Company, SLU

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

GS dobre titulación en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración

Eurostars Hotel Company, SLU

Modificacións

Como é habitual, a oferta de FP fluctúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e as características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FPDual. Por outra banda, deixan de ofertarse por falta de alumnado, algúns ciclos.

Así a provincia da Coruña suma 40 ciclos e perde 21; a provincia de Lugo suma 17 e perde 8, a provincia de Ourense incorpora 5 e deixa de ofertar 6 e a provincia de Pontevedra suma 23 e perde 10.