Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2017-2018

Ven, 08/06/2018 - 13:43

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso académico 2017/2018.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionáronse cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

  • O barrio: ambiente de aprendizaxe da vida cotiá. Proxecto sen data de caducidade, do CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira)
  • A roda do ano, do IES Plurilingüe A Cachada (Boiro)
  • Pegadas..., proxecto conxunto do CEIP Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa) e do CEE de Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa)
  • Ondas do Mar de Vigo / Trouxestes o pergamiño amigo, do IES Carlos Casares (Vigo)
  • Coñeces Cerdido?, do  CEIP da Barqueira (Cerdido)

Cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.