Interinidades e substitucións

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de sistemas electrónicos, de instalacións electrotécnicas e especialidades de italiano
Ven, 25/05/2018 - 16:02

Xúntase a Resolución do 25 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de sistemas electrónicos (590124), no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de instalacións electrotécnicas (591206) e no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de italiano (592012), convocado pola Resolución do 16 de abril de 2018 (corrección de erros do 26 de abril).