Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Lalín
Ven, 11/05/2018 - 20:18

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Lalín polos maxistrados Paz Filgueira, Rosa García Prado e José Gómez Rey.

O recoñecemento enmárcase na campaña Lingua de Lei. 35º aniversario da Lei de Normalización Lingüística que promove a Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.