Proposta de resolución das axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do SUG no curso 2017/2018, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012

Lun, 07/05/2018 - 13:21

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 4 de maio de 2018, elevar ó Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculados nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/2018, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo)..

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente Orde de resolución.