Proposta de concesión das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/2018

Mar, 17/04/2018 - 13:33

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data  de 16 de abril  de 2018, elevar ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participan en Erasmus Estudos no curso 2017/2018. 

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos  e denegados.