VIII Encontros de Educación Infantil

Xov, 28/04/2011 - 09:56

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa celebrará os próximos días 6 e 7 de maio, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, os VIII Encontros de Educación Infantil.

Contarase coa presenza de personalidades destacables no ámbito educativo que, nesta ocasión, desenvolverán temáticas que xiran en torno a tres eixes:

-          Achegamento á lingua escrita na Educación Infantil

-          A arte na escola infantil

-          Propostas metodolóxicas

Participarán 525 mestras e mestres de Educación Infantil.

Menú Advertisement

Xornadas

Sen términos