Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do SUG no curso 2017/2018, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos....

Xov, 22/03/2018 - 13:44

Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do SUG no curso 2017/2018, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo presentacion da documentacion do 23 de marzo ao 9 de abril.