Asturias interésase polas accións de formación e innovación para o profesorado galego

Xov, 01/03/2018 - 13:29
Asturias interésase polas accións de formación e innovación para o profesorado galego

O consejero de Educación y Cultura de Asturias, Genaro Alonso, coñeceu esta mañá de preto o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), dependente da Consellería de Cultura e Educación.

Este centro encárgase de deseñar e coordinar a formación permanente do profesorado galego, dando resposta aos retos tecnolóxicos e de innovación que presenta a educación do século XXI.

Na visita tamén participaron o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o director do CAFI, Ángel Rodríguez, entre outros asistentes.