A Consellería de Educación convocará 2.050 prazas de docentes en 30 especialidades, tras un acordo cos sindicatos
A Consellería decidiu incrementar a proposta de oferta pública de emprego, a petición e de xeito consensuado cos membros da comisión de seguimento do acordo de estabilización de emprego
A proposta de OPE foi presentada hoxe ás organizacións sindicais na mesa sectorial do ensino non universitaria
Mar, 06/02/2018 - 11:12

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presentou hoxe á mesa sectorial do ensino non universitario a proposta de oferta pública de emprego para o ano 2018. En total serán 2.050 prazas en 30 especialidades diferentes, de tal forma que se seguirá avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes que, cun 13% é xa a máis baixa de todo o Estado.

Cómpre sinalar que a Consellería decidiu incrementar o número de prazas da convocatoria – desde as 1.919 anunciadas inicialmente ata as 2.050 que se convocarán finalmente- tras negociar e consensuar as peticións dos membros da Comisión de Seguimento do Acordo de Estabilización de Emprego, co fin de acadar o antes posible a diminución da taxa de interinidade ata un 6%, aproximadamente.

A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Ingreso

Corpo de profesores de ensino secundario

ESPECIALIDADE

PRAZAS

Lingua castelá e Literatura

75

Xeografía e Historia

65

Matemáticas

153

Física e Química

88

Bioloxía e Xeoloxía

60

Inglés

50

Orientación Educativa

35

Tecnoloxía

65

Lingua galega e Literatura

75

Intervención sociocomunitaria

20

Organización e xestión comercial

25

Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

15

Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

15

Procesos Sanitarios

22

Sistemas electrotécnicos e automáticos

25

TOTAL

788

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

ESPECIALIDADE

PRAZAS

Estética

20

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

20

Operacións de produción agraria

18

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

16

Procedementos sanitarios e asistencias

40

Procesos comerciais

24

Servizos de restauración

22

TOTAL

160

Corpo de mestres

ESPECIALIDADE

PRAZAS

Educación infantil

110

Lingua estranxeira: inglés

50

Lingua estranxeira: francés

50

Educación Física

55

Música

35

Pedagoxía Terapéutica

75

Audición e Linguaxe

90

Primaria

240

TOTAL

705

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

 

PRAZAS

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

105

TOTAL

105

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de ensino secundario

ESPECIALIDADE

PRAZAS

Lingua castelá e Literatura

25

Xeografía e Historia

22

Matemáticas

52

Física e Química

29

Bioloxía e Xeoloxía

21

Inglés

18

Orientación Educativa

12

Tecnoloxía

22

Lingua galega e Literatura

23

Intervención sociocomunitaria

6

Organización e xestión comercial

8

Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

5

Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

5

Procesos Sanitarios

6

Sistemas electrotécnicos e automáticos

8

TOTAL

262

Acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

 

PRAZAS

Inglés

30

TOTAL

30