Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso 2017/2018, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos

Mar, 06/02/2018 - 09:06

Xúntase a Orde do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2017/18, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).