Proposta de concesión das axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/2018 nas universidades do SUG

Xov, 21/12/2017 - 13:20

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data do 21 de decembro de 2017, elevar ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas para inicio de estudos universitarios no curso 2017/2018, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Próximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente Orde de resolución.