Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2017/2018

Mér, 25/10/2017 - 09:41
 Actúa
Actúa

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Eduemprende Actúa desenvolverase desde o día 14/11/2017 ata o 20/03/2018 en centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia. As actuacións terán lugar os martes e xoves durante o período da actividade.