Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/2018

Mér, 13/09/2017 - 11:43

Resolución do 13 de setembro de 2017 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de  persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas, e a relación de suplentes, de ser o caso, de acordo co previsto no artigo 31 da Orde do 31 de maio de 2017 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2017/18 (DOG núm. 109, do 9 de xuño de 2017).

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 13 de setembro e 13 de outubro de 2017), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.