Gran éxito da Formación Profesional galega en Madrid

A Consellería de Educación louba os resultados obtidos nas Spainskills celebradas esta semana en Madrid

Sáb, 09/04/2011 - 12:08
Os participantes galegos o día da inaguración do certame en Madrid
Os participantes galegos o día da inaguración do certame en Madrid

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria louba o gran éxito acadado polo estudantes galegos de Formación Profesional participaron nas Spainskills 2011 celebradas esta semana en Madrid. Deste xeito Galicia converténse na terceira comunidade con máis gañadores de esta edición.

Nesta edición once dos 25 estudantes procedentes de Galicia. Así recibirónse dúas medallas de ouro, catro de prata e otras catro de bronce. Ademais de unha no apartado de demostración.

Todos eles, xunto ao resto de premiados serán os encargados de representar a España nas Olimpiadas mundiales da FP que este ano se celebrarán en Londrés (Worldskills 2011). En total nesta competición participaron 260 alumnas e alumnos de 32 familias de Formación Profesional procedentes de todas as comunidades autónomas españolas.

Os participantes galegos

Este ano a delegación galega participou en 20 das 32 skills desta competición, o que significou unha importante representación no conxunto das Olimpíadas que confirma a calidade das ensinanzas de FP que se imparten en Galicia e o alto nivel de competencias adquiridas polos seus estudantes. Cómpre lembrar que 12 destes participantes accederon a esta competición tras acadaren unha medalla de ouro na primeira edición das Olimpíadas da FP de Galicia, GaliciaSkills.

Cómpre destacar que as Olimpíadas da Formación Profesional están promovidas pola organización internacional WorldSkills, cuxo obxectivo é a promoción das competencias profesionais no marco da Formación Profesional a nivel mundial. Na actualidade ten 52 países asociados.