A Consellería de Educación inicia as obras de construción do IES do Milladorio

Hoxe comezaron os traballos de desmonte previos á edificación do novo centro

Mér, 06/04/2011 - 17:43

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria iniciou hoxe as obras de construción do novo IES do Milladoiro (Ames), co envío de maquinaria de desmonte por parte da empresa adxudicataria Dragados. Os primeiros traballos de acondicionamento e desmonte da parcela situada no lugar de Galdrachán principiaron na mañá de hoxe.

O novo centro -no que se investirán máis de 5,3 millóns de euros- contará con unha superficie útil de 5.892 metros cadrados, e acollerá 16 unidades de ESO e 3 de Bacharelato. Ao mesmo tempo supón  un importante avance no cumprimento do compromiso que a Consellería de Educación mantén coa comunidade educativa de Ames, ao dotala dun novo instituto que cubra as necesidades de escolarización da zona

O IES do Milladoiro constitúe un dos investimentos máis importantes en materia de edificación de centros educativos en Galicia, o que supón un importante esforzo por parte do Goberno galego no actual contexto de crise económica.