Galicia acada representación na Rede Europea de Linguas Minoritarias

Dom, 11/06/2017 - 11:00
Galicia acada representación na Rede Europea de Linguas Minoritarias

Gregorio Ferreiro Fente, asesor docente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de resultar elixido vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), logo da votación que tivo lugar na asemblea xeral deste organismo hoxe mesmo.

Deste xeito Galicia acada representación no equipo directivo de dito organismo, que presidirá Sietske Poepejes,conselleira de Cultura e de Política Lingüística do goberno da Rexión de Frisia (Países Baixos).

A Rede de Promoción da Diversidade lingüística (NPLD) é unha rede a escala europea que ten como principal obxectivo sensibilizar sobre a importancia da diversidade lingüística, e actuar como foro de intercambio de boas prácticas entre gobernos.

Menús News node R