Educación recorda que é Madrid a que obriga ás comunidades autónomas a reducir un 5% as gratificacións aos xubilados

A Consellería cumpre co indicado explicitamente polo Goberno Central no Real Decreto Lei do 2 de maio de 2010

Xov, 31/03/2011 - 14:49

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asegura que os recortes nos soldos dos traballadores da administración, incluídas as gratificacións dos funcionarios docentes xubilados anticipadamente, veñen dados polas políticas socias e orzamentarias marcadas polo Goberno Central. Asemade a Consellería confirma que respecto da sentencia do xulgado contencioso administrativo nº 2 de Vigo a Consellería anuncia que vai recorrer o devandito fallo.

No caso das pagas dos profesores xubilados de forma voluntaria cómpre destacar que a Consellería está a aplicar a legalidade vixente e que, polo tanto, as súas pensións foron recortadas nun 5%. Non se trata dunha decisión do goberno da Xunta senón que se está a cumprir coa legalidade marcada polo Goberno Central.

Non se pode esquecer que o propio Ministerio de Economía e Facenda informou que á entrada en vigor do Real Decreto Lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se aprobou unha redución das retribucións do 5%, en termos anuais, é da aplicación ás gratificacións extraordinarias percibidas polos funcionarios docentes que se xubila ao amparo da disposición transitoria segundo a Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.

Así lle foi comunicado no seu día á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para proceder á correspondente redución na gratificación inicialmente recoñecida. Deste xeito a Consellería recorda que estase a cumprir coa legalidade marcada polo goberno central e o co indicado nela.