Anxo Lorenzo mantén o primeiro encontro institucional coa nova responsable de política lingüística de Cataluña

Xov, 31/03/2011 - 14:37
Anxo Lorenzo mantén o primeiro encontro institucional coa nova responsable de po
Anxo Lorenzo mantén o primeiro encontro institucional coa nova responsable de política lingüística de Cataluña

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, reuniuse esta mañá coa súa homóloga en Cataluña, Yvonne Griley. Durante o encontro, que tivo lugar na sede do departamento da Generalitat de Cataluña, en Barcelona, os dous responsables intercambiaron puntos de vista sobre os proxectos nos que colaboran actualmente.