O conselleiro de Educación visita as instalacións educativas do CEIP Bragade, en Cesuras

Xesús Vázquez Abad recordou que no presente ano investíronse preto de 23.000 euros no cambio dun deposito de gasóleo

Ven, 18/03/2011 - 14:20
O conselleiro de Educación visita as instalacións educativas do CEIP Bragade, en
O conselleiro de Educación visita as instalacións educativas do CEIP Bragade, en Cesuras

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Bragade no concello coruñés de Cesuras.

Durante o percorrido o conselleiro recordou que “a Consellería ven de investir preto de 23.000 euros na substitución do tanque de gasóleo, dando cumprimento as necesidades existentes neste centro”.

Ademais Vázquez Abad destacou que este colexio percibiu máis de oito mil euros destinados á mellora da biblioteca escolar, da que se benefician os 16 alumnas e alumnos de educación infantil e 43 de primaria. Ademais conta cunha auxiliar de conversa procedente de Estados Unidos. Durante esta visita o conselleiro estivo acompañado polo director do centro, Manuel Lamas Santos, así como polas nais e pais dos estudantes do CEIP Bragade. 

Ao longo da visita Vázquez Abad, interesouse polas necesidades particulares deste instituto e polos intereses da súa comunidade educativa. Ademais, amosou a súa "satisfacción pola gran implicación do Concello de Cesuras coa comunidade educativa". "Isto constitúe un claro exemplo da aposta dunha Alcaldía, a dirixida por Julián Lucas, pola educación", engadiu.

Na visita o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, e polo alcalde de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.