Educación asinará convenios coa Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento de centros educativos

Os centros beneficiados son o Calvo Sotelo, que imparte formación profesional, e o IES Rafael Puga Ramón

Xov, 17/03/2011 - 16:18

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial da Coruña asinarán dous convenios, un para o funcionamento do centro de formación profesional Calvo Sotelo e outro para o funcionamento do Instituto de Educación Secundaria Puga Ramón.

En total serán algo máis de 597.000 euros destinados ao funcionamento de ambos os dous centros, durante o curso escolar 2011-2012. Trátase fundamentalmente de parte dos gastos de persoal (persoal docente e de administración e servizos), gastos xerais (subministración, reparacións), mantemento, limpeza e conservación.

Con esta iniciativa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dá continuidade ao seu compromiso de manter o servizo público educativo de todos os alumnos e alumnas que están escolarizados nestes centros, tal e como vén facendo desde hai anos.