O conselleiro de Educación visita a nova sección da Escola Oficial de Idiomas en Negreira

Xesús Vázquez Abad destacou a importancia destes centros na formación en linguas da cidadanía galega

Lun, 14/03/2011 - 17:15
O conselleiro de Educación visita a nova sección da Escola Oficial de Idiomas en
O conselleiro de Educación visita a nova sección da Escola Oficial de Idiomas en Negreira

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a nova sección da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela no concello de Negreira, inaugurada este curso 2010/2011. Nesta visita estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Inovación Educativa, Jose Luis Mira; e pola xefa territorial de Educación na Coruña, María Teresa Villaverde.

Vázquez Abad destacou a importancia destes centros nos que se imparten ensinanzas de idiomas para a formación de profesores, profesionais e do conxunto da cidadanía galega, un feito que se está a ver impulsado grazas á implantación do Plan galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Así este mesmo curso 229 alumnas e alumnos poden estudar os niveis básico e intermedio de inglés na sección de Negreira, instalada no IES Xulián Magariños.

Nestes sentido o conselleiro explicou que o departamento que dirixe está a dar un forte impulso ás ensinanzas de idiomas, tanto a través da creación no presente curso de dúas novas seccións destes centros, nas localidades de Negreira e Nigrán, como da publicación do o primeiro Regulamento Orgánico de Centros (ROC) específico para as EEOOII galegas, e a introdución do procedemento online. Grazas a esta eficiencia na xestión, lembrou, as EEOOII de Galicia contaron este curso con 1.400 prazas máis en ensinanzas regradas de réxime ordinario, o que supón un 3,5% máis que as ofertadas no ano académico 2009/2010.

IES Xulián Magariños

Pola mañá o conselleiro estivo tamén nas aulas do IES Xulián Magariños, centro no que se ubica esta sección da Escola Oficial de Idiomas, onde comprobou o resultado das obras realizadas pola Consellería no peche, cuberta, e rede de distribución da auga deste centro por importe de máis de 89.000 euros. Nesta visita o conselleiro tivo ademais a oportunidade de coñecer a biblioteca do instituto, que conta co apoio do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) da Consellería, polo que recibiu unha achega de 23.000 euros. Así o conselleiro incidiu no valor das actividades a prol do hábito lector que se desenvolven ao abeiro do PLAMBE, e que benefician aos 407 alumnas e alumnos do centro.

Ademais Vázquez Abad interesouse polas necesidades particulares deste instituto e polos intereses da súa comunidade educativa.