Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2017

Xov, 09/02/2017 - 08:31
Resolución do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.