Proposta de concesión das axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/2017

Mér, 07/12/2016 - 11:16

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data de 5 de decembro de 2016, elevar ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego para o curso 2016/17

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos e denegados.