Román Rodríguez avanza unha inserción laboral en FP próxima ao 80%, posible grazas ao esforzo e ás destrezas do alumnado

O conselleiro de Cultura e Educación participou na entrega de medallas do Galicia Skills 2016, que se celebrou en Silleda desde o mércores e que reuniu a 100 alumnos de 40 centros educativos, preparados por 77 profesores

Agradeceu a implicación e participación dos centros e dos docentes, así como das empresas colaboradoras, o que reforza os vínculos entre FP e sector empresarial

Os gañadores de cada unha das 17 especialidades en competición representarán a Galicia no campionato nacional Spainskills, que se celebrará o vindeiro ano

Ven, 02/12/2016 - 19:16
Román Rodríguez avanza unha inserción laboral en FP próxima ao 80%, posible grazas ao esforzo e ás destrezas do alumnado

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou hoxe en Silleda que o último estudo realizado polo seu departamento sobre inserción laboral en Formación Profesional eleva a porcentaxe de alumnado que atopou traballo ao rematar os estudos a preto dun 80%. Segundo explicou con motivo da entrega de medallas da cuarta edición Galicia Skills 2016, trátase dunha realidade posible grazas ao esforzo e ás destrezas adquiridas polos estudantes de FP, cada vez máis vinculadas ás necesidades dos sectores produtivos. O conselleiro estivo acompañado polo secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín Hellín.

Precisamente, e co fin de demostrar os seus coñecementos, o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu desde o mércores o maior campionato de FP a nivel galego, o Galicia Skills, que reuniu a un total de 100 alumnos de 40 centros educativos, que por primeira vez competiron nun único espazo de xeito simultáneo. Tras dous días de intensas probas, hoxe déronse a coñecer aos gañadores de cada unha das 17 especialidades, as denominadas “skills”, que se corresponden con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais.

Colaboración de 40 empresas

Román Rodríguez destacou o compromiso e implicación dos centros, así como dos docentes, na formación dos mozos e mozas, lembrando que o alumnado participante foi preparado por 77 profesores, mentres que outros 19 expertos dedicáronse a coordinar o acto co fin de que estivese todo preparado para competir. Do mesmo xeito, un total de dez centros educativos tamén realizaron labores de soporte, tales como montaxe dos stands, cátering, servizo audiovisual etc.

Así mesmo, o conselleiro agradeceu a participación das empresas colaboradoras no campionato, unha implicación que se vén incrementando ano a ano, ata acadar as 40 compañías de hoxe en día. Neste sentido, lembrou os vínculos necesarios entre Formación Profesional e tecido económico e empresarial, co fin de avanzar tanto na internacionalización e competitividade das empresas como na cualificación e preparación dos mozos e mozas ante os retos vindeiros.

Os premiados

Os alumnos premiados –outorgouse por cada especialidade un primeiro e un segundo premio– recibiron a súa correspondente medalla, deseñada por alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago, así como un agasallo xentileza das empresas colaboradoras en cada “skill” do campionato.

Cada un dos gañadores conforman o equipo de alumnos e alumnas que representará a Galicia no campionato nacional Spainskills, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017. Ademais, a este grupo tamén se suman os representantes da especialidade de Floraría (Soraya Barbosa Oliveira, do IES San Rosendo de Mondoñedo), así como de Instalacións eléctricas (Alexandru Coretchi Tutunaru, do IES Universidade Laboral de Culleredo), que participaron nesta competición a modo de demostración e que finalmente foron elixidos polos xurados.

ESPECIALIDADE
 

PRIMEIRO PREMIO

SEGUNDO PREMIO

Servizos de restaurante
e bar

 

Ana Sofía Emidio Martínez, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

 

Antonio Camino Pintor, do CIFP Compostela de Santiago

Pintura de vehículos

Silvia Folgueira Rico, do CIFP As Mercedes de Lugo

 

Ángela Calvo Filgueiras, do CIFP Ferrolterra de Ferrol

Administración de sistemas en rede

Milan Cornado Rodríguez, do IES San Clemente de Santiago

 

Eloy Figueiras González, do IES Isidro Parga Pondal de Carballo

Coidados auxiliares de enfermaría

 
Daniel Pérez López, do IES Leixa de Ferrol

Yosman Josue Montáñez Castro, do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña

 

Tecnoloxía da moda

Graciela González Touriño, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

 

Noelia Rodríguez Barreiro, do CIFP Manuel Antonio de Vigo

Panadaría

Alba Triñanes Dieste, do CIFP Compostela de Santiago

 

Carla Rivadulla Benedicto, do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra

Tecnoloxía do automóbil

Miguel Paz Pena, do IES As Mariñas de Betanzos

 

Martín García García, do IES Vilalonga de Sanxenxo

Cociña

Carolina Espasandín Pérez, do CIFP Compostela de Santiago

 
 

Víctor Paz Seoane, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña

Xardinaría

Damián Ferreira Barros e

Esther Ogando Pando, do CIFP A Granxa de Ponteareas

 
Cristofer Cobas Portela e

Francisco Caramés Puga, do IES Montecelo de Pontevedra

Enxeñaría de deseño mecánico CAD

Carlos Andrés Ramallo Lestayo, do CIFP Ferrolterra de Ferrol

 

Álvaro García de León Rodríguez, do IES Johan Carballeira de Bueu

Control industrial

Borja Abal Varela, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía

 

José Benito Bestilleiro París, do IES Urbano Lugrís da Coruña

Refrixeración

Pablo Lema Paz, do IES Universidade Laboral de Culleredo

 

Eduardo Villaverde Iglesias, do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo

Carpintaría e ebanistaría

Raúl Piñeiro Rodríguez, do CIFP Politécnico de Santiago

 

Diego Varela García, do CIFP Politécnico de Lugo

Peiteado

María Lucía López Bujeiro, do CIFP Someso da Coruña

 

Nuria Maceda Corujo, do IES A Pinguela de Monforte de Lemos

 
Mecanizado

Raúl Fernández Lorenzo, do IES Politécnico de Vigo

 

Jonathan Macedo Dios, do IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra

 
Soldadura
Julián Fernández Souto, do IES de Valga

David Pazo Amil, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

 
Mecatrónica
Miguel Sotelo González e

Raúl Acuña Fariñas, do IES Politécnico de Vigo

Álvaro Casas Rodríguez e

Fernando Fajín Vaamonde, do CIFP Politécnico de Santiago