A Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra ordea a suspensión cautelar das clases ata o luns no CEIP Quintela, en Redondela

O centro sufriu hoxe as consecuencias do temporal ao levantarse parte da cuberta do mesmo

Mér, 16/02/2011 - 20:27

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, ven de anunciar a suspensión cautelar, ata o luns, das clases no CEIP Quintela, en Redondela, tras as incidencias no tellado derivadas do temporal que se está a vivir na xornada de hoxe.

A determinación tomouse despois de que, por mor do forte vento, entre as 13 e as 14 horas levantárase parte da cuberta do tellado. O levantamento destes 20 metros cadrados, aproximadamente, conlevou a rotura das correas e tabiques nos que se sustentaba esta parte da cuberta.

Unha vez posto en coñecemento da xefatura o acontecido enviouse de inmediato ao arquitecto xefe da unidade técnica así como a unha empresa para que tomasen as medidas necesarias para evitar que en primeiro termo no se produxeran filtracións de auga no propio centro.

En todo momento a xefatura territorial mantívose en contacto cos equipos técnicos, e acorde cosas observacións dos expertos tomouse a decisión de suspender as clases de modo temporal. Isto é así xa que debido a que o aceso ao centro educativo é moi complicado non se pode levar nin grúas nin outro tipo de vehículos para levar a cabo a obra de reparación. Ante isto a empresa debera colocar andamios na fachada que da acceso ao centro educativo.

Por este motivo, e sempre atendendo aos informes dos expertos, a xefatura tomou esta determinación co fin de garantir, en primeiro termo a seguridade dos nenos e en segundo de realizar a reparación axeitada. Así pois, e sempre que o tempo o permita as obras desenvolvéranse entre hoxe, maña, o venres e o fin de semana co obxectivo de que estean rematadas para que o luns os estudantes volvan ao centro con total normalidade e seguridade.

Con esta rápida intervención a Xefatura volve a demostrar a súa preocupación polo mantemento do centros educativos e a seguridade e confort de toda a comunidade educativa.