O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol visitan Galicia en viaxe de estudos

Lun, 19/09/2016 - 23:04
O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol visitan Galicia en viaxe de estudos

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiron hoxe o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol que se atopa estes días na nosa terra de viaxe de estudos.

Na xuntanza, celebrada esta tarde, participou tamén a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.