O conselleiro de Educación asiste ao acto académico de celebración de San Tomé de Aquino no campus de Vigo

Xesús Vázquez Abad presenciou a investidura como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo de Jorge Martínez- Vázquez

Lun, 31/01/2011 - 13:55
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asist
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe ao acto académico de celebración de San Tomé de Aquino, celebrado na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe pola maña ao acto académico de celebración de San Tomé de Aquino, celebrado na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo. No descorrer do acto o docente Jorge Martínez- Vázquez foi investido como Doutor Honoris Causa, e o padriño foi o profesor Santiago Lago Peñas.

Martínez Vázquez converteuse no vixésimo primeiro doutor investido polo UVI, tras a proposta realizada polo departamento de Economía Aplicada, e aprobada no consello universitario. O docente é catedrático de Economía da Georgia State University, é colaborador habitual do grupo de investigación de excelencia Rede. Ademais é experto en descentralización fiscal, imposición e xestión tributaria, e está recoñecido como consultor do goberno federal e dos gobernos estatais dos Estados Unidos, do Banco Mundial, Nacións Unidas e o Fondo Monetario Internacional, entre outras institucións de máis dunha trintena de países.

A celebración

Tras a investidura de Jorge Martínez Vázquez realizouse a entrega de distincións académicas de 41 estudantes que recibiron os premios extraordinarios de fin de carreira correspondentes ao curso 2009-2010. Deles, 18 son do campus de Vigo, 11 do de Ourense e 8 de Pontevedra. Os catro restantes son dos distintos centros adscritos que a UVI ten nos tres campus.

O acto rematou coa intervención do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e co Gaudeamos Igitur, co que se cerrou a conmemoración da celebración do patrón dos estudantes