Preto de 200.800 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o curso 2016/2017 este luns 12 de setembro

Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 62.213 alumnos e alumnas, un 2’3% menos ca no curso anterior

En Primaria medra o alumnado un 0,8%, ata acadar os 137.229 estudantes

Na educación especial o descenso de nenas e nenos matriculados é do 1,5%

O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

Ven, 09/09/2016 - 10:11

O vindeiro luns comezarán en Galicia as clases nos ciclos de educación infantil e primaria educación especial para 200.783 escolares, o que supón un 0,2 % menos ca no curso 2015/2016, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 62.213 alumnos comezarán o mércores 12 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 2,3% menos ca no curso 2015/2016, un descenso que nos centros públicos é do 2,4%, derivado da progresiva caída da natalidade.

Por tipo de centros queda do seguinte modo:

Centros públicos

Centros concertados

Centros privados

Total

43.653 alumnos

17.482 alumnos

1.078 alumnos

62.213 alumnos

Ademais sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

 

    2015/2016

   2016/2017

Total

932 alumnos

815 alumnos

 

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 137.229 alumnos tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,8% máis ca no curso 2015/2016.

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

41.566 alumnos

14.908 alumnos

1.505 alumnos

Lugo

9.978 alumnos

  3.397 alumnos

267 alumnos

Ourense

8.597  alumnos

4.231 alumnos

114 alumnos

Pontevedra

36.574 alumnos

15.247 alumnos

845 alumnos

Total

96.715 alumnos

37.783 alumnos

2.731 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 14,3%:

 

2015/2016

2016/2017

A Coruña

1.278 alumnos

1.117 alumnos

Lugo

606 alumnos

535 alumnos

Ourense

429 alumnos

354 alumnos

Pontevedra

1.232 alumnos

1.033 alumnos

Total

 3.545 alumnos

3.039 alumnos

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.341, un 1,5% menos ca no 2015/2016

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados con concerto

A Coruña

230 alumnos

297 alumnos

Lugo

104 alumnos

7 alumnos

Ourense

88 alumnos

43 alumnos

Pontevedra

218 alumnos

354 alumnos

Total

640 alumnos

701 alumnos

 

Centros escolares e docentes

Os centros que desde o 12 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial, quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educ. Infantil

50

4

4

58

116

Educ. Primaria e Infantil(1)

226

86

82

214

608

Educa. Primaria e ESO(2)

29

12

9

18

68

 

Educación especial

6

2

2

4

14

TOTAIS

311

104

97

294

806

(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria

(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

No referido ao número de unidades concertadas, este ano será dun total de 3.892. En concreto, nas etapas de infantil, primaria e  educación especial  haberá 5 unidades concertadas máis ca no curso anterior, debido ás necesidades de escolarización das diferentes zonas

No referido ao profesorado os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.269 docentes.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 72.631, das cales 12.112 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas – ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores – 302 de forma directa e 132 de forma indirecta,  a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- . Pola súa banda as ANPAS son responsables de 134 comedores e os Concellos de 42. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de 2.844 comensais en 40 centros escolares dos Concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Manzaneda, Meaño, Mugardos, Muíños, Oroso, Santiago de Compostela e Sarria.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo – segundo as estimacións provisionais- a 94.240 alumnas e alumnos de 784 centros públicos, a través de 3.846 rutas. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.