Vinte e dous alumnos de ensinanzas superiores recolleron no MUPEGA as bolsas Ventura Figueroa
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Educación participou no acto de entrega destes galardóns
Xov, 21/07/2016 - 15:06
Vinte e dous alumnos de ensinanzas superiores recolleron no MUPEGA as bolsas Ventura Figueroa
Vinte e dous alumnos de ensinanzas superiores recolleron no MUPEGA as bolsas Ventura Figueroa

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén Barcala, participou hoxe no acto de entrega das bolsas da Fundación Manuel Ventura Figueroa, que se celebrou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Vinte e dous alumnos de ensinanzas superiores recolleron estes galardóns, cos que a Fundación apoia o desenvolvemento dos seus estudos. Non en balde, esta entidade foi creada no ano 1784 polos testamentarios de Ventura Figueroa, para dar cumprimento a súa vontade de que o seu patrimonio fose utilizado para dar estudos e dotes aos seus parentes máis pobres. A relación de beneficiarios pode consultarse no web da propia fundación, no enlace https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/

Deste xeito, os beneficiarios tiveron que demostrar estar emparentados co fundador e para elo tiveron que achegar a súa partida de nacemento, as dos seus pais e como recomendación tamén as dos seus avós. No caso de ascendencia “figueroista”, foi necesario achegar unha copia do documento de recoñecemento ou ben a referencia do DOG ou do BOE no que se lles concede tal condición. Ademais, foron seleccionados por unha comisión que avaliou criterios como a súa traxectoria académica e o nivel de renda familiar.

Nado en Compostela en 1708, Manuel Ventura Figueroa, tivo unha participación activa na vida política da época, intervindo na reforma lexislativa e converténdose en home de confianza do Rei Carlos III.

Colectivo

Tema