Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2016/2017

Xov, 23/06/2016 - 12:12

Publicada a Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.

Publicada a Orde do 13 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.