Xornadas de información e orientación profesional 2016
Ven, 22/04/2016 - 14:52

O vindeiro mércores 11 de maio, celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2016, dirixidas aos profesionais da orientación dos centros educativos.

Trataranse temas relacionados co desenvolvemento do curso 2016/2017, as novidades normativas e o novo procedemento de admisión que se aplicará na Formación Profesional.

O prazo de inscrición remata o día 26/04/2016