Proxecto de Decreto polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección, e Produción e xestión, e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación

Lun, 18/01/2016 - 15:42

Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral
 
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 9º da Lei 4/2006, do 30 de xullo, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e ao disposto no artigo 41º da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publícase a relación das disposicións administrativas de carácter xeral que están en tramitación, con indicación do seu obxecto e estado de tramitación, así como a posibilidade que teñen as persoas de remitir suxestións e a forma de facelo.
 
Título da disposición: Decreto polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección, e Produción e xestión, e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro.
 
Obxecto: Establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección, e Produción e xestión, e ampliar os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro.
 
Estado de tramitación: Fase intermedia da Lei 16/2010.
 
Presentación de suxestións:
- Prazo: 20 días hábiles (Inicio: 7 de marzo de 2016 / Fin: 31 de marzo de 2016).
- Forma: Poderán remitirse a través do enderezo electrónico xsere@edu.xunta.es ou ben mediante escrito que poderá presentarse en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.