Concurso de traslados

Concurso de traslados 2016: Instrucións para o profesorado que teña destino fóra da comunidade
Xov, 14/01/2016 - 08:59

Aqueles funcionarios dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación que teñan a intención de participar no concurso de traslados entre o persoal docente convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberán achegar a documentación que se especifica no documento adxunto, a partir do día de hoxe.