A Consellería de Cultura e Educación convoca 1.112 prazas nas oposicións deste ano nunha aposta pola estabilidade laboral do profesorado galego
A mesa sectorial do ensino debateu hoxe a distribución de prazas en cada especialidade
Ademais tratouse a Orde de convocatoria de concurso de traslados, que incorpora a última xurisprudencia ao respecto
A Administración informou aos sindicatos da súa decisión de manter a xustificación das ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a 3 días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental
Mar, 12/01/2016 - 14:15
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presidiu a Mesa Sectorial Docente non Universitaria
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presidiu a Mesa Sectorial Docente non Universitaria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria confirmou hoxe a súa aposta pola estabilidade laboral do profesorado galego ao presentar diante da mesa sectorial do ensino non universitario unha proposta de convocatoria de oposicións con 1.112 prazas, o 100% da taxa de reposición. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería solicitou ao Goberno central o incremento desta taxa, co fin de manter o grao de interinidade como o máis baixo do Estado.

A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Especialidade

Prazas A2-A1

libre

Total

 

Profesores de ensino secundario

 

Lingua Castelá e Literatura

14

56

70

Xeografía e Historia

11

44

55

Matemáticas

15

60

75

Física y Química

8

32

40

Bioloxía e Xeoloxía

9

36

45

Inglés

9

36

45

Educación física

4

16

20

Orientación educativa

5

20

25

Formación e Orientación Laboral

10

40

50

Hostalaría e Turismo

3

10

13

Informática

4

16

20

Intervención sociocomunitaria

4

16

20

TOTAL

96

382

478

 

Profesores técnicos de FP

 

Cociña e pastelería

 

12

12

Instalacións electrotécnicas

 

24

24

Mantemento de vehículos

 

24

24

Mecanizado e mantemento de máquinas

 

17

17

Servizos á Comunidade

 

20

20

Sistemas e aplicacións informáticas

 

25

25

TOTAL

 

122

122

 

Mestres

 

Educación infantil

 

186

186

Lingua estranxeira: inglés

 

56

56

Lingua estranxeira: francés

 

30

30

Educación física

 

40

40

Música

 

36

36

Pedagoxía terapéutica

 

56

56

Audición e linguaxe

 

56

56

Educación Primaria

 

40

40

TOTAL

 

500

500

Inspectores de Educación

 

 

12

12

TOTAL

 

 

1.112

 

Concurso de traslados

A mesa sectorial tratou hoxe tamén a convocatoria de concurso de traslados no curso 2015/2016 entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación.

 

O texto da convocatoria adáptase á última xurisprudencia ao respecto, é dicir, ás sentenzas referidas ao concurso de traslados convocado para o curso 2013/2014, que ratificaban a decisión da Consellería de contabilizar os méritos obtidos en situación de interinidade. Neste sentido, modifícase unicamente o subepígrafe 1.1.2, referido á puntuación por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade. O cambio precisamente refírese a que só se contabilizará esa provisionalidade – neste subepígrafe concreto, é dicir, para os que participen no concurso desde a situación de provisionalidade- ao persoal “funcionario de carreira” (con praza en propiedade) e non ao persoal “funcionario” (en xeral, incluíndo aos interinos), como se facía na de 2013.

En calquera caso, os servizos do persoal funcionario interino seguiranse contabilizando ao abeiro dos subepígrafes 1.1.1, 1.1.3, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, referidos á antigüidade no centro e no corpo, así como no apartado 4, relativo ao desempeño de cargos directivos e outras funcións.

Ademais, como situación excepcional, este ano convocarase un concurso autonómico aberto á entrada de persoal de outras Comunidades Autónomas, debido a que non o poideron facer no anterior concurso nacional, dadas as sentenzas arredor do devandito proceso do curso 2013/2014.

Orde de permisos e licenzas

Na mesa sectorial de hoxe tratouse, finalmente, a orde para actualizar a regulación dos permisos, licenzas e vacacións do persoal docente, co fin de adaptala ao establecido na  Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Este punto continuará debaténdose a próxima semana, xa que hoxe non foi posible por mor de falta de tempo.

En calquera caso, a Administración educativa informou aos sindicatos da súa decisión de manter como xustificadas as ausencias por indisposicións ou enfermidades leves non superiores a tres días, sempre e cando se achegue a pertinente xustificación documental.