A Consellería de Cultura e Educación destina medio cento de profesores aos centros de educación para adultos dos 5 centros penitenciarios de Galicia
Un total de 874 estudantes estaban matriculados o pasado mes de decembro
Os centros ofertan ensinanzas básicas, de ESO para adultos, de Bacharelato, alfabetización, linguas e mesmo de FP
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina este curso un total de 49 docentes aos centros de educación para adultos dos 5 Centros Penitenciarios de Galicia. Esta dotación de persoal, que ascende no conxunto de centros penitenciarios de Galicia a medio cento de docentes, demostra o compromiso da Xunta de Galicia coa formación das persoas ao longo da vida, especialmente en casos coma este, nas que a educación xoga un papel fundamental na reinserción dos internos.
Cómpre sinalar que o profesorado de primaria adscríbese por traspaso á comunidade autónoma da dirección xeral de institucións penitenciarias e o de secundaria, por concurso de traslados específico da comunidade autónoma de Galicia. Ademais, naqueles centros onde se producen baixas temporais do persoal docente definitivo estas son cubertas por persoal interino e/ou substituto.
Segundo os datos recollidos pola Consellería en decembro de 2015, están a cursar estudos nestes centros un total de 874 alumnos. Cómpre sinalar que os datos de matriculación se incrementan ao longo do ano académico ata un 40%, debido aos permisos, mobilidade entre institucións, etc.
De feito, o número total de matriculados nestes centros ao longo do curso 2014/2015 a 1.414, dos que 431 o estiveron no de Teixeiro, 178 no de Bonxe, 122 no de Monterroso, 576 no da Lama, e 107 no de Pereiro de Aguiar.
Ensinanzas impartidas
Nestes centros impártese tanto formación regrada como non regrada. No caso da regrada, ofértase ensinanzas básicas iniciais – niveis I e II-, ensinanzas de ESO para adultos (módulo I, II, III e IV), e bacharelato – nos centros da Lama e Teixeiro-. Ademais, o centro de Bonxe imparte o ciclo de grao medio de FP en Madeira e moble.
No caso da formación non regrada, ofértase Lingua Galega e Lingua Castelá para inmigrantes, Inglés e Alfabetización – módulos I, II, III e IV-.
Promoción de alumnos
Respecto do grao de promoción, e tendo en conta a mobilidade do estudantado, acada unha porcentaxe positiva, superior ao 25% no curso pasado, cando superaron o cursado 362 alumnos. Por ensinanzas os datos son os seguintes:
Ensinanzas |
Alumnos que promocionaron no 14/15 |
Ensinanzas básicas iniciais - nivel I - nivel II |
47 93
|
ESO para adultos - módulo 1 - módulo 2 - módulo 3 - módulo 4 |
73 53 30 31
|
Bacharelato semipresencial - 1º curso - 2º curso |
6 6
|
Castelán para inmigrantes - nivel I - nivel II |
6 -
|
Outras ensinanzas non regradas - Galego - Inglés - Alfabetización I - Alfabetización II - Alfabetización III - Alfabetización IV |
- - 6 3 1 2
|
Formación Profesional |
5
|
TOTAL |
362 |