Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria para participar no programa de visitas a empresas: Visitas ao Centro de Produción Citröen Automóbiles España, S.A.

Ven, 16/10/2015 - 14:31

Atópase aberto prazo de presentacións de solicitudes para participar no programa de visitas á empresa Centro de Produción Citröen Automóbiles España, S.A.

A convocatoria diríxese ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos de 4º de ESO e ciclos de FP Básica,  que terán a ocasión de coñecer o funcionamento dunha fábrica de automóbiles e os diferentes oficios/profesións que conviven nunha empresa destas características. Ademáis terán a posibilidade de coñecer en primeira persoa  as experiencias profesionais de moitos dos seus traballadores/as.

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es.

O prazo de solicitude remata o 30 de outubro de 2015

Acceda á Convocatoria para o curso 2015-2016