Resolución pola que se procede a designar os membros da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2009/2010

Ven, 29/10/2010 - 09:01

Xúntase a Resolución do 21 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2009-2010.