Resolución pola que se procede a designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2009/2010

Ven, 29/10/2010 - 08:55

Xúntase a Resolución do 21 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2009-2010, e dítanse instrucións para a realización das probas correspondentes.