O secretario xeral de Universidade inaugura o VII congreso Flash en Química Biolóxica en Santiago de Compostela

Xunto a José Alberto Díez de Castro, a xornada inaugural completarase coa presenza do premio Nobel en Química 2009, Ada Yonath
Dom, 24/10/2010 - 19:30

O sétimo congreso Flash en Química Biolóxica comezou hoxe en Santiago tras a sesión inaugural a cargo do secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación, José Alberto Díez de Castro, que asistiu en nome do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

No encontro, organizada pola sección de Química da Axencia Europea de Investigación (ERA- Química) durará ata o mércores 27, e nel se realizará un percorrido xeral polo campo da Química Biolóxica. Así ao longo destes días os 160 asistentes terán a posibilidade de asistir a relatorios a cargo de máis de vinte profesionais procedentes de diversos puntos de España, Europa e Estado Unidos.

Durante a súa intervención Díez de Castro sinalou que “esta Conferencia Internacional da cumprida conta dun dos nosos obxectivos: ampliar e consolidar a presenza da emerxente comunidade científica na sociedade, dun xeito especial nos escenarios que acollen o deseño do futuro das persoas”.

O secretarío xeral destacou a importancia que “a investigación científica universitaria é o máis extraordinario catalizador do progreso económico e do benestar bienestar social”, e engadiu a importancia do encontro xa que “as actividades e proxectos que todos os aquí presentes realizan neste ámbito constitúe un ben universal imprescindible para a creación e posta en marcha dos espazos de cooperación entre a Universidad e o entramado empresarial máis comprometido co avance da comunidade internacional”.

Os participantes

Durante esta xornada inaugural, e tras a intervención do secretario xeral, de un relatorio a Premio Nobel de Química en 2009, a cristalógrafa Ada E. Tonath (Instituto de Ciencia Weizmann en Israel). Trátase dun das catro mulleres que recibiu este galardón en toda a historia destes prestixiosos galardóns.

Este sétimo encontro anual  estará centrado na área da Química Biolóxica, e contará con algúns dos principais expertos na área, incluíndo á citada Premio Nobel de Química ou quen é considerado o pai da nanotecnoloxía, o Profesor Nadrian Seeman (Universidade de Nova York). Xunto con estes científicos o congreso contará coa presenza de prestixiosos oradores de Alemaña, Suíza, Holanda, Italia, Francia, Bélxica, Irlanda e España.