O conselleiro de Educación inaugura a VIII conferencia de Decanas e Directores de Maxisterio e Educación, en Santiago

Os temas do encontro do traballo xirarán en torno aos intercambios entre universidades ou os Erasmus

Lun, 25/10/2010 - 17:30
Xesús Vázquez inaugurou hoxe a VIII Conferencia de Decanos e Directores de Maxis
Xesús Vázquez inaugurou hoxe a VIII Conferencia de Decanos e Directores de Maxisterio e Educación

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe a VIII conferencia de Decanos e Directores de Maxisterio e Educación, que tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago. No acto estiveron presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, e a presidenta da conferencia de decanos e vicedecanos de Educación, Concepción Martín Sánchez. O encontro continuará en Allaríz ata o mércores 27 de outubro.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou que  este encontro “pon de relevo a crecente importancia que no noso tempo cobra o impulso de novos valores, novas actitudes e novos programas e sistemas pedagóxicos para lle facer fronte a moitas das eivas e desafíos que trae consigo unha sociedade progresivamente globalizada”.

Vázquez Abad recordou que na actualidade “contamos cos medios tecnológicos máis avanzados da nosa historia educativa e asistimos á plena consolidación das ciencias pedagógicas máis avanzadas, dun xeito especial a Psicopedagoxía, que nos ofrece novas oportunidades para o aproveitamento máis amplo e intenso posible do talento que a mocidade posúe sen dúbida de ningunha caste. A nosa mocidade, garda un extraordinario potencial que a medio e longo prazo ha ser a principal palanca do despegue económico e do desenvolvemento social e cultural do noso país e dos países que integran o noso contorno occidental” e engadiu que “a todos nós, cúmprenos descubrir e catalizar ese talento. De entrada, para recobrar valores que ás veces semellan estar tamén en crise, como a autoridade ética e profesional dos nosos mestres e profesores e maila consideración do esforzo académico e do estudio como elementos de prestixio entre o alumnado e na sociedad civil en xeral”.

O encontro, organizado pola facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, da Universidade de Vigo se desenvolverá en varias partes, deste xeito no día de hoxe as actividades serán en Santiago, con motivo da celebración do Ano Santo. As actividades programadas para o martes e o mércores se desenvolveran no concello de Allariz, onde serán recibidos polo reitor da UVI, Salustiano Mato.

Temática do encontro en Allaríz

Na primeira xornada Xosé Manuel Rodríguez- Abella e Beatriz Varela faranse cargo do relatorio: “Santiago, cidade educadora”. As actividades programadas para mañá, que se celebraran na Casa da Cultura de Allariz, onde se reunirán os diferentes grupos de traballo de Maxisterio, Educación Social, Pedagoxía y Psicopedagoxía; Máster de Secundaria, Prácticum e o grupo de Traballo de Fin de Grao ou Máster. Nestas xornada tratarán de analizar cómo implantar os graos e másteres nestes momentos de crise. Os grupos de traballo falaran sobre a coordinación, os intercambios entre as universidades, as convalidacións e os Erasmus. Ao rematar o día presentáranse as conclusións dos distintos grupos de traballo.