Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Xov, 25/06/2015 - 08:30

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria