A Consellería de Cultura e Educación destina máis de 700.000 euros á ampliación do CEIP de Roxos en Santiago

O obxectivo é dar resposta á necesidade de creación de prazas de escolarización nas zonas nas que a demografía así o demanda

Mér, 03/06/2015 - 10:23

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se licita a contratación da obra de ampliación do CEIP de Roxos en Santiago, cun orzamento de 705.808,74 euros, unha obra cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo desta actuación é dar resposta á necesidade de creación de prazas de escolarización nesta zona e atender deste xeito a demanda xerada.

Mediante esta obra dotarase ao centro de tres aulas de Infantil con aseo, unha sala de usos múltiples, dúas aulas de apoio e servizos comúns. O inicio dos traballos está previsto contra o verán, co fin de evitarlle molestias á comunidade educativa.

Os detalles da resolución poden consultarse na seguinte dirección: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150603/AnuncioG0164-290515-0003_gl.html.