Valentín García mantén un encontro co equipo galego do Rally Científico Matemático 2015, gañador da fase final de Toulouse

40 estudantes de cinco institutos galegos viaxaron o 22 de maio á cidade francesa para disputalo e impuxéronse logo de resolver catro problemas cunha puntuación de 10

A Consellería de Cultura e Educación colaborou con IGACIENCIA, entidade organizadora

Lun, 01/06/2015 - 21:14
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde un encontro equipo gañador do Rally Científico Matemático 2015 Autor: Xoán Crespo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo esta tarde un encontro equipo gañador do Rally Científico Matemático 2015, que se impuxo o pasado día 22 na fase final de Toulouse. Acudiron á cita, na Cidade da Cultura de Galicia, os 40 estudantes dos institutos galegos Os Rosais 2 de Vigo, A Sangriña da Guarda, Xermán Ancochea da Pobra de Trives, Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e María Casares de Oleiros, que viaxaron á cidade francesa para disputalo e que se fixeron co premio logo de resolver catro problemas cunha puntuación de 10. A iniciativa, coordinada por IGACIENCIA, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.