Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2015/2016

Mar, 28/04/2015 - 08:45

Xúntase a Resolución do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Música para o curso 2015/16.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 5 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.