Comisións de servizos por motivos de saúde (2015)

Mar, 14/04/2015 - 13:21

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2015/2016

O prazo de solicitude da comisión de servizos por razóns de saúde é do 15 de abril de 2015 ao 30 de abril de 2015.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste único prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres e o profesorado de relixión.

O profesorado que está participando no concurso xeral de traslados, poderá solicitar comisión de servizos por razóns de saúde unha vez que se publique a resolución definitiva da adxudicación de destinos do referido concurso.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Infórmase que o CPI “Vicente Otero Valcárcel” de Carral transfórmase nun Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e só poden solicitar este Centro, código 15003005, o profesorado de infantil e primaria (Decreto 49/2015-DOG do 13 de abril) e o IES de Carral ten o código 15032923 segundo consta no Anexo.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255

Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es