A Consellería de Cultura e Educación convocará 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores no ano 2015

A oferta de emprego público cobre todas as especialidades de mestres, agás a de francés
O número de prazas proposto hoxe na mesa sectorial esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central
Mar, 10/02/2015 - 14:29

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores neste ano 2015, segundo a proposta presentada hoxe na mesa sectorial. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia esgota o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central; e faino cunha oferta de emprego público en todas as especialidades de mestres, agás a de francés.

A distribución de prazas será a seguinte:

Outros temas da mesa sectorial

Na mesa sectorial celebrada hoxe abordáronse, así mesmo, a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos; e máis a convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería, e de prazas nos equipos de orientación específica.

No caso do concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos está prevista a renovación de 168 directores; mentres que nodo concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería os postos suxeitos á convocatoria serán 23, en concreto os dos de mestres para centros da Consellería de Traballo e Benestar en Montefiz e Monteledo (Ourense), para a Fundación Monte do Gozo- Proxecto Home Galicia, o Centro base da ONCE en Vigo, a Escola de Especialidade Antonio de Escaño (Ferrol), e a Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval de Graña (Ferrol). No caso dos equipos de orientación específica o número de prazas contemplado no concurso será de 10.

Na xuntanza mantida cos sindicatos abordouse ademais o proxecto de orde pola que se regula o procedemento de consolidación do complemento específico das directoras e directores dos centros docentes públicos.